O consultorio de Cabo de Cruz permanecerá pechado todo o mes pola falta de persoal

    pecheconsultoriocabodecruz_100_110809.jpgBOIRO> Ata o dous de setembro, o consultorio do núcleo boirés de Cabo de Cruz permanecerá pechado pola falta de médicos para cubrir as vacacións.

    {flowplayer}barbanza/pecheconsultoriocabodecruz.flv{/flowplayer}

    Os veciños de Cabo de Cruz xa comezan a acostumarse a que, cada mes de agosto, o consultorio ubicado na Casa do Mar permaneza pechado pola falta dun substituto que cubra as vacacións do médico titular.

    Esta situación, que se vén producindo dende hai catro anos, obriga ós veciños a desprazarse ata o centro médico do Saltiño para acudir a consulta ou solicitar receitas, cos consecuentes trastornos que supón o desprazamento, especialmente para a xente maior.

    Queixa formal

    É por elo que a asociación de veciños A Unión presentou unha queixa ante o servizo de atención primaria do SERGAS. A resposta é, como en ocasións anteriores, que non dipoñen de persoal suficiente para cubrir as vacacións durante o verán polo que o problema non será solventado a curto prazo.

    Cambio de ubicación

    Á parte do peche temporal do consultorio, os veciños consideran que as instalacións en que se ubica, na Casa do Mar, non son as máis axeitadas para acoller este servizo. Demandan que se axilicen as obras do centro social no que se podería instalar un novo consultorio nas condicións axeitadas.

    Redacción Barbanza