‘Do mar ó bocata’ para poñer as pilas ós nenos ribeirenses

    RIBEIRA> Mellorar os hábitos alimenticios dos nosos pequenos, así como dar a coñecer as propiedades das produtos do mar, son os obxectivos da actividade divulgativa na que participaron os nenos e nenas do Campamento de Verán de Ribeira, e que está organizada pola Xunta de Galicia e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas. Chocos, mexillóns, sardiñas, atún…os cativos do municipio ribeirense tiveron onde elixir á hora de reencher a súa merenda. Unha iniciativa, didáctica e lúdica coa que agardan que cambie o noso concepto tradicional de bocata, aínda que non sempre se consiga. Un mordisco de conciencia polo ben dos nosos produtos, e sobre todo, da súa saúde.