Rajoy respalda o dito por De Cospedal sobre as escoitas ilegais ó PP

    rajoy_museo_ponte_100_110809.jpgPONTEVEDRA> O líder do Partido Popular acusa ó presidente do Goberno de empregar o ‘Estado de Dereito’ para ‘perseguir’ ó PP.

    {flowplayer}images/salnes/rajoy_en_pontevedra.flv{/flowplayer}

    O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, interrompeu as súas vacacións para realizar unha visita ó museo de Pontevedra. Alí, e tras unha visita polo mesmo, Rajoy afirmou estar de acordo coas declaracións dadas pola secretaria xeral do partido, María Dolores de Cospedal, onde afirmaba que o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero estaba a levar a cabo unha espionaxe ós dirixentes do Partido Popular mediante escoitas ilegais. Neste senso, non descartou a posibilidade de realizar as denuncias pertinentes ante os tribunais. Quixo aclarar, que a pesares dos acontecementos que se están a producir, segue confiando na Xustiza. Pola contra esta confianza vese truncada noutras institucións como a do Ministerio do Interior ou a Fiscalía.

    Por outra banda, o presidente do Partido Popular cualificou de infames as imaxes aparecidas nos diferentes medios de comunicación dos detidos polo caso Palma Arena. Con respecto a este tema, reclamoulle ó ministro do interior que cese ós responsables que levaron a cabo as detencións.

    Tamén, Mariano Rajoy, esixiu explicacións ó presidente do Goberno sobre os diferentes ataques que está a sufrir o seu partido e afirmou que vén de solicitar ó Congreso dos Deputados unha Deputación Permanente onde reclama a comparecencia da Vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega; do ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, para que dea explicacións sobre o acontecido en Baleares; e do Fiscal Xeral do Estado, con motivo do trato diferenciador que, segundo Rajoy, mostra entre os distintos partidos.

    Redacción Salnés