O BNG de Outes demanda que se dote do persoal necesario ó centro de saúde

OUTES> O BNG de Outes denuncia a falla de médicos no centro de saúde da localidade. Os dous facultativos que prestan servizo deben atender a unha media de 45 doentes ó día, feito que incide negativamente na calidade asistencial.

O BNG de Outes insta á Xunta a curiir as baixas e dotar do persoal necesario ó centro de saúde.

A actual situación, con tan só dous médicos, establece unha media de 45 pacinetes diarias o que implica menos de dez minutos para ver a cada un dos doentes.

Tras tres ssemanas nesta situación, ointe mesmo incorporábase un pediatra pero aínda está sen cubrir a baixa dun dos médicos de cabeceira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí