O Centro de Maiores de Ribadumia estará rematado a finais de ano

    centro_maiores_ribadumia100.jpgRIBADUMIA> A alcaldesa visitou esta mañá as obras da Casa de Cultura de Ribadumia e o Centro de Atención ás Persoas Maiores.

    {flowplayer}images/salnes/centro_maiores_ribadumia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> A alcaldesa de Ribadumia visitou esta mañá a obra de remodelación da Casa de Cultura de Ribadumia e o Centro de Atención ás Persoas Maiores, acompañada polo director da mesma e varios técnicos da empresa adxudicataria. Salomé Peña, confirmou que as obras estarán rematadas para finais de ano, como se establecera nun primeiro momento, debido ó bo ritmo ó que se está traballando.

    Con esta reconstrución, coa que se pretende reformar o edificio para instalar o centro de maiores albergará, na súa parte superior, á que se lle engadiu unha planta máis, os servizos que ofrecía anteriormente a casa de cultura, exceptuando o salón de actos que se manterá no mesmo sitio.

    A planta inferior será destinada ó Centro de Atención das Persoas Maiores, que contará cunha sala de fisioterapia, outra de xogos, de lectura e unha máis de televisión. Tamén, as persoas maiores que se acerquen ata alí, disporán dun persoal cualificado para atender as súas necesidades. Este novo edificio estará adaptado con ascensores e ramplas para facilitar o acceso ó centro. A inversión destinada a este proxecto é de 311.000 euros.

    Redacción Salnés