Zona Aberta repartirá 3.000 euros en decembro entre os seus clientes

    sofiabeiras_100_081106.jpgVILAGARCÍA > Zona Aberta repartirá en decembro o premio do Nadal do ano pasado que quedou sen entregar.

    Este ano os comerciantes vilagarciáns asociados a Zona Aberta queren que as compras de Nadal nos centros asociados teñan premio. Para iso farán 5 sorteos de 600 euros ó longo do mes de decembro entre os clientes que sellen as súas tarxetas de fidelización.

    Cada vez son máis os clientes que as usan e as sellan nos establecementos asociados para participar nos sorteos periódicos de 200 euros. E para agradecer esta fidelidade, os comerciantes do centro comercial aberto decidiron usa-los cartos acumulados do premio de Nadal do ano pasado que non se entregaran nunha nova campaña coa que premiarán ós seus clientes.

    Serán cinco sorteos de 600 euros cada un no que participarán tódalas tarxetas entregadas ata o momento e as que se vaian sumando nos vindeiros días. O primeiro sorteo será o día 5 de decembro e o gañador recibirá o seu premio o día 12, cando se celebrará o segundo sorteo. O gañador deste terá os seus 600 euros o día 19 cando se sortee o terceiro lote que se entregará o día 27 e o último será o 3 de xaneiro.

    Gran sorteo de Nadal

    Despois de Reis farase o gran sorteo de Nadal que terá un premio mínimo de 6.000 euros. Pero ademais Zona Aberta está ultimando a campaña de promoción de Nadal que, aseguran, será sorprendente e tamén a festa de inauguración do alumeado.

    Redacción Salnés