![]()
VILAGARCÍA > O Partido Popular tamén estivo esta fin de semana en Vilagarcía facendo campaña. A número un dos populares por Pontevedra, Ana Pastor, …
..pediu o voto para Mariano Rajoy, quen asegurou, coñece os problemas e as solucións que precisa o concello, e o Salnés. Acompañada polo secretario xeral do PPdG, Alfonso Rueda, o secretario provincial do partido, José Juan Durán, o presidente local do PP, Tomás Fole, así coma os candidatos da comarca ó Congreso e ó Senado, Ana Pastor defendeu as posibilidades do seu partido, e de Mario Rajoy, para asumir a presidencia do Goberno español.
Na súa campaña, que iniciaron esta fin de semana no Salnés, a cabeza de lista dos populares na provincia avogou por un cambio no Goberno central que permita recuperar os catro anos de atraso, que dixo, leva sufrindo esta comarca. Uns problemas que segundo Ana Pastor se materializan no eido sanitario no atraso que sufre o Hospital do Salnés en canto á súa ampliación, e que se deriva nos colapsos. A solución dos populares ó abandono que din leva experimentando o Salnés, é apostar polo cambio da man do Partido Popular e de Mariano Rajoy, quen aseguraron coñece os problemas dos cidadáns desta comarca.
Ana Pastor tamén arremeteu contra o Goberno bipartito da Xunta, que dixo se deixa levar polo deixamento do central. Unha actitude que se traduce tamén nos incumprimentos, que segundo os populares, sofre a Lei de Dependencia na comarca, ou no retraso de mellora de infraestruturas coma o centro de saúde ou a praza de abastos de Vilagarcía. Unha localidade que aseguraron, está dentro da campaña do PP.
Redacción Salnés







