Galiciame proxectará “Historias de nuestro cine” para recadar fondos a favor dos enfermos da AME

VILAGARCÍA> Galiciame proxectará unha película documental en Vilagarcía solidaria a favor dos enfermo da AME. Á representación acudirá o actor Antonio Resines. Terá lugar no auditorio o sábado 29 ás 20:30 horas.

A asociación Galiciame leva dende o ano 2015 realizando diferentes actividades para axudar a aquelas persoas que sofren AME. Dentro destas actuacións, a agrupación proxectará en Vilagarcía a película documental “historia de nuestro cine “. A proxección será a única que se fará en toda España.

A data da proxección foi escollida porque o 29 de febreiro é o día mundial das enfermidades raras. Á visualización acudirá o actor Antonio Resines.

Dende a vila mostraron o seu apoio á iniciativa. Destacando o traballo que a asociación fai para dar visibilidade ás enfermidades raras.

A proxección terá lugar no auditorio de Vilagarcía ás 20:30 horas. As entradas teñen un custo de 5 euros e serán integramente doadas para a Asociación. Os billetes poden mercarse na panadería Anakiños de Vilagarcía, en Expo Salnés en Cambados e a través da web eventbrite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí