Dez anos, catro mil cans, e moita humanidade

    olga100.jpgCAMBADOS> A Protectora de Animais de Cambados inaugurou en Exposalnés unha exposición sobre os seus dez anos de historia.

    {flowplayer}images/salnes/protectora_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Case catro mil cans pasaron polo albergue da protectora de Cambados nos últimos dez anos, unha década na que a asociación presidida por Olga Costa se dedicou en pleno a buscarlle un fogar a estes animais.

    A historia destes dez anos está recollida nunha exposición que xa se pode visitar en Exposalnés, en Cambados. Hoxe foi inaugurada, e Olga Costa, moi emocionada, recordaba algunhas anécdotas. Rocky, que chegou ó albergue con 10 quilos de peso e que agora está con Olga e xa chega ós 42, ou Tristón, tamén desnutrido, que tamén atopou un fogar, son outros cans que teñen un oco nos recordos da protectora.

    A exposición retrata tamén as campañas e visitas levadas a cabo nestes dez anos. Olga Costa recorda estes dez anos con cariño e destaca, sobre todo, a humanidade que lle demostraron moitas persoas. Na relación de agradecementos nomeou a Cores Tourís, Anabel Carro, Rosa Oubiña, e Gonzalo Durán, entre outros.

    A exposición recolle un cento de fotografías realizadas por reporteiros gráficos da comarca. Para o vindeiro curso, a protectora pretende levala polos colexios.

    Redacción Salnés