O Concello da Illa aprobou un orzamento de 5,8 millóns de euros

    plenoailla_orzamentos_100_100807__still_002.jpgA ILLA > As contas contaron só co apoio do grupo de goberno, xa que o PP se abstivo e o concelleiro do BNG non asistiu ó pleno.

    O principal debate tivo de novo como protagonista á Deputación de Pontevedra, a quen o alcalde acusou de non investir suficiente no municipio. Respostaba así ás críticas do Partido Popular, que demandaba máis xestión coas administracións para conseguir obras necesarias como unha piscina municipal, beirarrúas xunto ó instituto ou alcantarelado en varias zonas.

    O voceiro popular, Juan José González, celebrou que ‘éstes sexan os presupostos máis altos da historia’. Recoñeceu que ‘as cifras non nos disgustan’ pero botou en falla outras obras necesarias como a construción dunha piscina municipal propia en vez de ‘pagar 150.000 euros ó Igafa para adecuar as súas instalacións’. O PP tamén criticou que non se contara con eles para elabora-las contas.

    Finalmente no pleno se elexiu ós representantes na directiva da Fundación Deportiva Municipal na que estarán PSOE e PP. Os socialistas presentaron á concelleira de Deporte, Juliana Deus, e ó de servizos, Juan Isidro García mentres que o PP propuxo a Ramón Ferro e a Diana Ríos.

    Redacción Salnés