Valoriza comeza no CPEI Enrique Barreiros de Cambados as accións de concienciación no reciclaxe

CAMBADOS> Valoriza e Cambados comezan no CEIP Enrique Barreiro de Vilariño a campaña de concienciación na importancia da reciclaxe entre os máis pequenos. Todos os nenos e nenas do centro recibiron unha clase teórica e a continuación realizaron unha práctica na que tiñan que adiviñar en que contedor depositar cada lixo. O obxectivo do concello é ensinar aos máis pequenos para que axuden aos seus país e avós nas tarefas de reciclaxe.

O concello de Cambados e Valoriza comezaron a campaña de concienciación na importancia da reciclaxe. Mediante este proxecto, a empresa e o goberno local queren ensinar a os neno e nenas a reciclar para que estes poidan axudar nas súas casas aos máis maiores. A primeira acción tivo lugar no CEIP Enrique Barreiro de Vilariño.

A acción comezou cunha clase teórica e a continuación unha práctica. participaron todos os nenos e nenas do centro seleccionando en que contedor tiñan que tirar cada lixo.

Os máis pequenos mostraron moito interese á vez que gozaron dunha xornada educativa e entretida.

Demostrando tamén, todo o aprendido.

Valoriza e o concello continuarán coa campaña noutros centros escolares da vila e clubs deportivos. O seguinte será a escola de san Tomé.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí