Máis de 400 deportistas no Campionato Europeo Junior de Vela de Vilagarcía

VILGARCÍA> Vilagarcía prepárase para o Campionato Europeo Junior de Vela. Representantes da Federación Galega visitaron as instalacións vilagarciás para pechar os últimos detalles da organización. Máis de 400 deportistas daranse cita entre o 23 e o 30 de xullo na localidade.

Vilagarcía é a sede elixida pola Real Federación Galega de Vela para albergar o Campionato Europeo Junior 2019 nas categorías de 420 e 470. A un mes do inicio da competición, representantes da organización autonómica visitaron as instalacións do centro galego de vela en Vilagarcía para pechar os últimos detalles do torneo.

No campionato participarán máis de 400 deportistas representando a preto de 25 países.

O evento levará a Vilagarcía a máis de 2000 persoas. Para o concello este torneo é unha gran oportunidade tanto deportiva como turística.

Os organizadores adiantaron que tanto a inauguración o día 23 como o peche o día 30 terán lugar na Praza de Galicia. Coa localización elixida para estes actos búscase achegar a vela ós veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí