Alba Tomé seleccionada para o premio “Contar a Ciencia” polo seu traballo sobre o Parkinson

VILAGARCÍA> A vilagarciá Alba Tomé entre as seleccionadas para o premio universitario “Contar a Ciencia”. O seu traballo “como gañar o que che quita o Parkinson” consiste nunha reportaxe audiovisual sobre a investigación en torno a esta enfermidade. O fallo do xurado coñecerase en xuño.

“Como gañar o que che quita o Parkinson” é unha reportaxe audiovisual feita pola vilagarciá Alba Tomé. O proxecto trata sobre a investigación que dende a Universidade de Vigo fan en torno a esta enfermidade. O seu estudo está seleccionado para o premio Universitario “Contar coa Ciencia”

O proxecto está centrado na investigación de Irimia Mollinedo.  A investigadora xunto co seu titor Chema Cancela deseñaron un protocolo de Pilates para aplicalo a persoas con Parkinson.

O obxectivo do traballo é chegar ás persoas con Parkinson para darlles a coñecer que a práctica de pilates pode axudarlles a mellorar a súa calidade de vida.

O proxecto pode verse a través da web ou da canle de youtube de Gciencia. O fallo final do xurado coñecerase en xuño.