Primeiras medallas mundialistas para Náutico O Muíño

perucho250_170809.jpgSALNÉS> Carlos Pérez Rial ‘Perucho‘, non puido repetir xunto ó seu compañeiro Saúl Craviotto éxito acadado en Pekín no k-2 500 metros, onde foron cuartos. Sen embargo, proclamáronse campións mundiais do relevo k-1 e sumaron unha prata nos 200 metros.

Onte remataron en Dartmouth, en Canadá, os Campionatos do Mundo de piragüismo nos que España acadou catro medallas, tres delas con claro sabor galego.

Teresa Portela e Sonia Molanes formaron parte do K-4 femenino que foi bronce, mentres que Carlos Pérez Rial tróuxose dous metales, primeiros dos que pode presumir o Club Náutico o Muiño de Ribadumia na súa historia.

Perucho foi prata xunto a Cravoitto no k-2 200, quedándose ás portas do ouro. A decepción chegou nos 500 metros, distancia na que son campións olímpicos e remataron cuartos.

Con todo, proclamáronse campións do mundo 4 x K-1, xunto a Francisco Llera e Ekaitz Saies, polo que un ouro e unha prata é botín como para estar máis que satisfeitos.

Por outra banda, David Maquieira, tamén de O Muiño, acadou unha meritoria sexta praza no C-2 200 xunto ó asturiano David Fernández. Este resultado unido á súa xunventude os convirte nunha das parellas con maior proxección a nivel mundial.

No C-4 200, o grovense Tono Campos e o cesureño André Oliveira foron séptimos xunto a Yeray Picallo e José Manuel Campos. Ademais, Campos foi oitavo no relevo de C-1.

Por último, no K-4 foi unha mágoa a cuarta praza do padexeiro do Breogán Álvaro Bravo, que quedouse a 30 centésimas do metal.

A gran decepción foi a actuación de David Cal, que lonxe da súa mellor forma non tivo a opcións de medalla no C-1, tanto nos 500 como nos 1000 metros.

Redacción Salnés