As traíñas grovenses protagonistas da fin de semana

mecos250_170809.jpgSALNÉS> Este foi unha fin de semana para enmarcar en canto ós resultados obtidos polas embarcacións do Salnés, concretamente de O Grove. O sábado venceu Mecos, en Redondela e onte foi segunda en Oleiros, por detrás dos seus veciños de Amegrove. Os de Porto Meloxo levaban tres anos sen festexar un triunfo nunha bandeira.

Quedan tres regatas para que finalice a Liga Galega de Traíñas e todo está por decidir, sobre todo tralo visto esta fin de semana. A cabeza aprétase de tal xeito que Cabo de Cruz ve perigar o liderato que ostenta dende os inicios da liga e Mecos aínda soña cunha victoria final na xeral, unha posibilidade remota pero matemáticamente posible.

Iso é gracias ó gran traballo feito nas últimas tres bandeiras, con dúas victorias e un segundo posto, que os levou á terceira praza da xeral. O sábado confirmou o seu excelente momento de forma vencendo en Redondela onde non saíu na tanda dos favoritos. Demostrou que é a que máis forte chega ó tramo final de temporada e a que máis rápido fai os últimos longos. Iso servíulle para marcar un tempo espectacular que os favoritos non puideron superar. Cabo rematou cuarta e Amegrove quinta a menos dun segundo. Chapela e Náutico de Vigo, entre medias, completaron o podium.

O domingo a que se saíu foi Amegrove, á que se lle vai quedar curta a Liga. Tres anos despois acadou unha victoria nunha bandeira, tamén saíndo na segunda tanda. Foi Mecos precisamente a única que puido arebatárlle-la victoria, pero quedouse a dous segundos de celebrar o seu terceiro triunfo consecutivo.

Así as cousas, Cabo é primeira con 145 puntos, catro máis que Náutico de Vigo e nove sobre Mecos. Por detrás, Chapela, Perillo e Amegrove, que é sexta e ten dificil mellorar esa praza de aquí ó remate. Vilaxoán é séptima.

O final de liga será emocionantísimo, coas regatas de Ferrol e Vilagarcía a vindeira fin de semana e o peche en Vigo o día 30. Se facemos caso as matemáticas, en tres regatas Mecos remontoulle 10 puntos á lider Cabo de Cruz e 8 a Náutico de Vigo. De seguir esa progresión, os do Salnés poderían levarse o título en detrimento dos barbanzáns.

Redacción Salnés