R. López: ‘O partido contra o Sanxenxo será vital para os nosos intereses’

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/previoboirosaxenxo1704151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/previoboirosaxenxo170415.mp4{/flowplayer} BOIRO> Os dous equipos xóganse moito neste encontro, metidos de cheo na loita por evitar o descenso de categoría. Sanxenxo e Club Deportivo Boiro medirán as súas forzas este próximo domingo no Revel. O encontro antóllase vital para as aspiracións de ambos conxuntos. Máis se cabe para os do Salnés, situados en postos de descenso directo con 34 puntos, sumando tan só dous empates nos últimos quince partidos disputados. Non moito mellor as cousas para os boirenses, con dous puntos máis que os de Calucho, pero que chegan ó choque coa moral alta despois de derrotar en Barraña ó Ribadumia por dous goles a cero. Os barbanzáns acoden ó Revel sabedores da importancia do encontro. En xogo está asegurar practicamente a permanencia na categoría un ano máis. Aínda así acoden a este enfrontamento con importantes baixas, fundamentalmente na liña defensiva, como nos sinalou o seu adestrador, Rubén López. Conscientes tamén do que está en xogo, a directiva decidiu poñer a disposición de tódolos afeccionados que o desexen un autobús totalmente gratuíto para acudir a presenciar este partido. O inicio do encontro está fixado para as seis da tarde no Revel.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí