Rosa Quintana avoga pola unidade para reflotar o sector mexilloeiro

    festamexillon_100_170809.jpgBOIRO> Un ano máis, a festa de exaltación do mexillón conseguiu congregar a miles de persoas en Cabo de Cruz.

    {flowplayer}barbanza/festamexillon.flv{/flowplayer}

    A pesar das numerosas festas que se celebraban esta fin de semana na comarca e en toda Galicia, a exaltación do mexillón de Cabo de Cruz mantivo o seu liderazgo e, ó igual que en anteriores edicións, conseguiu atraer a miles de visitantes ata este núcleo boirense.

    Todos con ganas de desfrutar dunha xornada festiva e, como non, de degustar o molusco estrela da ría preparado de distintos xeitos: en empanada, á vinagreta, aínda que o prato con máis éxito foi o de toda a vida, o mexillón ó vapor.

    A encargada de inaugurar oficialmente a oitava edición desta festa foi a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen resaltou a importancia deste tipo de exaltacións gastronómicas para poñer en valor os recursos das nosas rías.

    Na súa intervención fixo tamén un chamamento á unidade do sector para supera-la crise que atravesa actualmente.

    Este ano a festa do mexillón ampliou o seu programa e ademais da degustación que tivo lugar o sábado desenvolvéronse outra actividades complementarias. Entre elas, un concurso de platos elaborados co mexillón organizado pola asociación de veciños A Unión que se desenvolveu o venres día 14, unha ruta gastronómica por diferentes locais hostaleiros de Boiro promovida pola ABE ou a mostra etnográfica mariñeira.

    Redacción Barbanza