RIANXO> Os concellos da comarca seguen a reforzar as medidas de prevención. É o caso de Rianxo, que instalou mamparas de protección en tódolos departamentos municipais con atención ó público.
Coa colocación destas mamparas, o concello de Rianxo dou cumprimento á obriga legal de instalar elementos de protección en todos aqueles departamentos que impliquen atención ó público.
Foi a empresa Distribunosa, a encargada de fabricar a medida estes elementos de protección elaborados en vidro templado de seguridade. Coa súa instalación, o concello de Rianxo contribúe a dinamizar o tecido empresarial da zona ó tempo que garante a máxima protección dos veciños e traballadores municipais.