Patrimonio retomará a segunda fase da actuación no Castelo da Lúa

    patrimoniocasteloluarianxo_100_15092009.jpgRIANXO> Así llelo confirmou o director deste departamento autonómico ao alcalde rianxeiro nunha xuntanza que ambos dirixientes mantiveron en Santiago.

    Durante o ano 2007 as escavacións no Castelo da Lúa deixaron ao descuberto a estrutura desta construción medieval: restos de muralla, dependencias interiores, a fachada dianteira da fortaleza e abundantes restos de cerámica sairon á luz nesta primeira fase dun ambicioso proxecto que tiña como obxectivo a posta en valor do castelo como atractivo turístico.

    {flowplayer}barbanza/patrimoniocasteloluarianxo.flv{/flowplayer}

    Pero, tras este importante achado a actuación quedou paralizada. Dende aquela, as pedras descubertas esmorecen a carón do paseo marítimo de Taragoña na espera de que se retomen o proxecto, ao que o anterior bipartito da Xunta destinara para as dúas fases preto de catrocentos mil euros.

    O actual goberno autonómico comprometeuse a retomar en breve a segunda fase destes traballos arqueolóxicos. Na xuntanza entre José Manuel Rey Pichel, director de Patrimonio e o rexedor de Rianxo, Pedro Piñeiro tamén lle trasladou a necesidade de realizar intervencións urxentes en moitos monumentos da localidade de gran valor histórico e artístico.

    José Manuel Rey Pichel comprometeuse a estudiar todas a documentación aportada e a realizar unha visita a localidade durante o mes de outubro para coñecer de primeira man as demandas realizadas polo rexedor.

    Redacción Barbanza