A Cruz Vermella de Ribeira ampliará servizos a través da súa nova sede

    RIBEIRA> A agrupación local da Cruz Vermella de Ribeira segue dando pasos para mellorar a atención ós seus usuarios. Esta mañá estreaba nova sede, emprazada na antiga oficina de información turística do malecón. O local inclúe numerosas dependencias que permitirán ampliar os servizos que ofrece a entidade. Destinaranse a cursos de alfabetización e talleres encamiñados a mellorar a capacitación e inserción laboral dos usuarios. No acto inaugural participaron numerosos representantes do tecido asociativo da vila así como o alcalde e outros representantes da corporación. A presidenta da entidade, Ángeles Cores, agradeceu a colaboración do concello que conseguiu a cesión dos terreos, de titularidade portuaria, para a creación da nova sede.