Barraña e Río Azor súmanse á campaña de ‘praias sen fume’

    BARBANZA> A partir deste mes de xullo uns vinte areais galegos sumaránse ao proxecto da Consellería de Sanidade “Praias sen fume”, que ten por obxecto eliminar o tabaco destes espazos para mellorar a limpeza e a calidade mediambiental. No Barbanza dúas praias únense á iniciativa. Imaxes coma ésta formarán parte do pasado moi pronto. A polémica medida de vetar o tabaco nas praias comezou a poñerse en marcha no 2012 en Baiona, e co tempo foise extendendo a outros areais. A polémica está servida. Hai quen considera que é suficiente con que se recollan as cabichas que moitas veces se deixan tiradas na area, pero a maioría considera que os malos fumes hai que deixalos de portas para dentro. Será difícil poñer a todos dacordo, pero o medioambiente e os nosos areais, seguro que o agradecen.