PONTEVEDRA> No futbol sala, onte disputouse o Trofeo Cidade de Pontevedra, no pavillón dos deportes. Enfrontábanse o Viajes Interrías, o Leis Pontevedra e o mellor equipo do mundo, o Inter Movistar. Non houbo sorpresa algunha e os madrileños leváronse o título.
Notáronse as diferencias, debían notarse porque nunha banda estaba o mellor equipo do mundo e da outra dous conxuntos que militarán o vindeiro ano na categoría de bronce do futbol sala nacional: o Viajes Interrías e o Leis Pontevedra. Para ambos era practicamente un premio xogar contra un plantel que nos últimos anos gañouno todo.
O torneo abrírono os dous conxuntos pontevedreses, con victoria para o Leis por 3-1. Ben é certo que o Interrías púxose por diante pero nos últimos minutos os anfitrións déronlle-la volta. Con todo, os de Baltar chegaban a este o seu primeiro encontro da pretemporada con apenas un par de adestramentos e co equipo sen formar. Pouco ou nada terán que ver os 20 minutos de onte co terceiro partido de liga no que ambos conxuntos se verán as caras dentro dunhas semanas.
Serían despois os portonoveses os primeiros en sufrir o rodillo alcalaíno. 8-0 leváronse nunha parte. Torras, Juanra, Daniel, Gabriel, Neto, Marquinho e Schumacher, por partida dobre, foron os autores dos goles.
Aprendeu a lección o Leis porque no seu partido pechouse ben atrás e puido irse a casa cun respetable 2-0.
No que se refire ós portonoveses, despois deste encontro deberán afrontar o primeiro partido da liguiña da Copa Xunta este sábado en Baltar ante o Narón, un dos grandes equipos cos que se medirá este ano. Completan o seu grupo o Caloto e o Boqueixón. Os catro loitarán pola primeira posición que lles permita acceder á seguinte fase.
Redacción Salnés