Balance moi positivo para os equipos do Salnés nesta xornada

golportonovovid100_070108_001.jpgSALNÉS > Triunfos de Vilalonga, Arousa e Portonovo e empate sen goles do Céltiga en San Lázaro diante do complicado Cidade de Santiago.

Difícilmemente poderá repetirse unha xornada tan boa como esta para os equipos do Salnés.

Comezamos falando do que vai arriba, o Vilalonga, que venceu heroicamente ó Ourense B (1-2). Os de Josiño foron quen de sobrepoñerse á expulsión de Lozano a pouco de comezar a segunda metade, ás lesións de Saúl e Luismi e a un gol que adiantaba ós locais, para remontar con tantos de Machu e Albert e levarse os tres puntos para casa. Agora son séptimos a tres do ascenso.

Victoria tamén do Arousa, por 4-2 ante o Pontevedra B, que lle serve para afastarse definitivamente do descenso. Foi un partido tolo, con dous equipos que foron descaradamente ó ataque. Adiantáronse dúas veces os locais por mediación de Fernando pero o filial pontevedrés foi quen de igualar. A dez para o remate Chiño, e despois un golazo de Padín, deron o triunfo ós de Laxes.

Gran partido do Céltiga en San Lázaro ante o Cidade de Santiago. Empate sen goles que sabe a victoria, polo complicado rival e pola boa imaxe deixada. O entramado defensivo plantexado por Manuel Núñez desarbolou ós locais. O Céltiga foi pouco incisivo en ataque por iso quizáis non voltou á Illa coa victoria.

Sen dúbida o triunfo máis importante da xornada correspondeulle ó Portonovo, 2-0 ante o Lemos, rival directo. Dous tantos de Curiel déronlle-la victoria ós de Piscis que agora abren catro puntos de marxe co descenso.

{flowplayer}images/salnes/xornada19.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés