A II Xuntanza da Ruta da Pedra e da Auga prevé xuntar a 1.500 persoas

    xuntanza_ptac100.jpgMEIS> A II Xuntanza da Ruta da Pedra e da Auga celebrarase este domingo no entorno dos Muíños de Serén, na Armenteira.

    {flowplayer}images/salnes/xuntanza_ruta_pedra_auga.flv{/flowplayer}

    MEIS> A II Xuntanza da Ruta da Pedra e da Auga celebrarase este domingo no entorno dos Muíños de Serén, na Armenteira.

    Esta iniciativa ven proposta dende o pasado ano polos concellos de Ribadumia e Meis en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Á súa presentación, que tivo lugar este mediodía na aldea rural de Meis, acudiron os alcaldes de ambos municipios, José Luis Pérez e Salomé Peña, acompañados polas concelleiras de cultura e o vicepresidente da deputación, José Juan Durán.

    Nela poderase gozar dunha comida organizada, cuxa anotación para a mesma se pode realizar nas oficinas municipais de cada concello ate o venres. Dentro dos 14 euros que custa, degustarase empanada, polbo, carne ó caldeiro e torta de Santiago, acompañado de viño, café e licores. A festa verase amenizada polas actuacións de grupos folclóricos, masas corais e bandas municipais da comarca. Pero, os que o desexen poden comprar a comida por libre nos postos que se habilitarán para a ocasión. Tamén, para unha maior comodidade, os dous concellos porán á disposición das súas xentes autobuses gratuítos que percorrerán as distintas parroquias.

    Esta ruta comeza nos muíños de Barrantes e transcorre ó longo dun camiño que remata no Mosteiro da Armenteira. Neste percorrido, os seus visitantes poden atoparse con máis de cen muíños de auga, e cun atractivo paisaxístico que conta cun importante valor etnográfico e natural. Esta é a única oferta destas características que hai na zona, na edición pasada conseguiu xuntas a máis de 1500 persoas, e este ano espérase chegar á mesma cifra.

    Redacción Salnés