‘Instamos ó Presidente da Xunta a dála cara e a dicir de que lado está’

    escritocopy.jpgVILAGARCÍA> Esta é a esencia, segundo o Presidente da APDR, do escrito que remitiron á Xunta en relación ós depósitos de Ferrazo.

    {flowplayer}images/salnes/ESCRITO_APDR_XUNTA.flv{/flowplayer}

    A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa entregou esta mañá na Delegación da Consellería do Mar en Carril, o escrito dirixido ó Presidente da Xunta. O obxectivo: instalo a que manifeste publicamente a súa posición en relación ós depósitos de Ferrazo.

    E o fan, tal e coma explicou o presidente do colectivo despois de que o goberno autonómico iniciase o procedemento de avaliación de impacto medioambiental dos depósitos de Ferrazo sen atender as súas alegacións e tendo en conta que sobre dita infraestrutura pesa unha sentenza firme.

    40 colectivos, entre os que se atopan confrarías de pescadores, agrupacións de produtores, asociacións e sindicatos, apoiaron esta iniciativa.

    Xaquín Rubido tamén lanzou unha advertencia. Se nalgún momento se produce algún accidente ó transportalos materiais derivados do petróleo, perderíase a rías máis produtivas de Galicia.

    Se desde a Xunta non responde a esta chamada de atención, desde a asociación informaron que publicarán nos medios de comunicación o contido da carta40 colectivos, 

    Redacción Salnés