A crise non puido coa Festa do Mar de Poio

festa_mar100.jpgPOIO> Éxito rotundo, a pesar da crise económica. É a valoración que fai o Concello de Poio da IX Festa do Mar.

{flowplayer}images/salnes/festa_mar.flv{/flowplayer}

POIO> Éxito rotundo, a pesar da crise económica. É a valoración que fai o Concello de Poio da novena edición da Festa do Mar celebrada en Combarro desde o pasado mércores ata o domingo.

O balance reflexa cifras de récord. Por exemplo, pola carpa gastronómica pasaron entre 25 mil e 30 mil persoas, despacháronse preto de 25 mil racións e a recadación superou os cen mil euros. Os beneficios foron tales, que o Concello conseguiu recuperar, entre a carpa e as achegas doutras institucións e firmas comerciais uns 71 mil euros.

O día de máis venda na carpa gastronómica foi o xoves, coincidindo co único día nubrado das cinco xornadas de festa, o que fai pensar ó Concello que de non haber bo tempo,a afluencia de visitantes tería sido maior. Tendo en conta este éxito, que vai en aumento cada ano, o Goberno Local xa pensa en ampliar a carpa degustación para a vindeira edición, pero manténdoa na praza da Chousa, xunto á mostra de artesanía.

Practicamente tódolos eventos da Festa do Mar moveron unha gran cantidade de público, caso da gala musical celebrada o venres pola noite, na que participaron artistas como David Civera, Coti, Astarot, e 6×1. Tres horas de espectáculo que concentraron en Combarro a unhas oito mil persoas.

Redacción Salnés