Os alcaldes da Mancomunidade do Salnés molestos co vicepresidente da Xunta

    SALNÉS > Vicepresidencia da Xunta accedeu a reunirse cos alcaldes do Salnés logo de escoitar as explicacións do presidente da mancomunidade. Os alcaldes do PP falaron sobre o asunto. Están moi molestos coa carta que recibiron na que se anulaba o encontro previsto, pero sobre todo reclaman desculpas e unha rectificación por cualificalos de ‘hooligans’.

    anxoquintana_300_110406.jpgNon pedirán desculpas. Ó contrario, os alcaldes do PP da comarca do Salnés pedirán ó vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que se retracte da cualificación de hooligans que lles dedicou no comunicado do luns. Os rexedores populares, encabezados polo presidente da mancomunidade, Jorge Domínguez, compareceron ante os medios de comunicación para asegurar que eles nunca verteron nin ameazas, nin insultos e tampouco lle faltaron ó respecto ós membros do goberno da Xunta.

    Para estes alcaldes, as declaracións feitas polo rexedor cambadés Xosé Manuel Cores Tourís non son máis que críticas razonadas. Estas declaracións foron secundadas polos rexedores de Cambados, Ribadumia e Meis. Apoian tamén as críticas vertidas por Cores Tourís en canto a que varios cargos da Xunta está faltando ó respecto institucional. Refírense a visitas de directores xerais ou conselleiros ó Salnés sen comunicárense cos alcaldes.

    Por iso non entenden a carta na que se desconvocaba a reunión prevista para este martes e asinada por Antón Losada, secretario xeral de relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta. O presidente da mancomunidade asegura que non quixo pórlle data á nova xuntanza á espera da reacción de vicepresidencia ante estas declaracións dos alcaldes.

    Redacción Salnés