Política Territorial estudará a proposta dos empresarios na PO-548

    reunionpsoe_aevu_100.jpgVALGA > A Delegada da Consellería de Política Territorial, María Isabel Domínguez, reunise esta mañá cos empresarios afectados pola mellora da estrada

    … que o departamento autonómico vai levar a cabo en Campaña, Valga. Aquí a Delegada comprometeuse á trasladarlle ós responsables da empresa adxudicataria das obras o desexo dos empresarios de que os traballos se inicien na intersección que comunica a PO-548 con varias fábricas.

    Esta mañá iniciáronse os levantamentos das actas de expropiación no concello de Valga, e calcúlase que en menos de dous meses poidan comezar os traballos de mellora da estrada provincial 548 ó seu paso por Campaña. Consistirán na creación dunha glorieta central a altura do quilómetro dous da estrada, ademais doutras tres semirotondas, coas que se levará a cabo a reordenación dos acesos ás vivendas e empresas ó longo dos quilómetros cero e tres do vial. Neste percorrido tamén se mellorarán as beirarrúas e se continuarán as sendas peonís onde non as haxa.

    O obxectivo da Consellería é o de mellorar a seguridade viaria nunha estrada cuns índices altos de sinistralidade e na que hai unha elevado tránsito de vehículos, entre eles os camións que continuamente entran e saen das sete fábricas que comunican co vial. A prioridade agora para os empresarios é que os traballos comecen na intersección central que comunica con fábricas coma a de Extrugasa, e na que se dá un maior tránsito de vehículos. A Delegada da Consellería comprometeuse esta mañá a trasladarlle esta proposta ós responsables da empresa adxudicataria da obra.

    Os traballos de mellora de PO 548 ó seu paso por Campaña poderán comezar cando remate o pago dos depósitos previos das expropiacións, que non lle afectarán a ningunha vivenda. A infraestrutura, que custará algo máis de 2 millóns de euros, ten un prazo de execución de 7 meses.

    Redacción Salnés