O Salnés viviu nestas datas unha ondada de roubos que atemorizou a poboación

    O SALNÉS > O Salnés está a vivir estes días unha ondada  de roubos en establecementos, cafeterías e quioscos que cada vez se amosan máis violentos. En Vilanova esta fin de semana os atracadores asaltaron unha florería, varios bares , un quiosco e varios garaxes. En Cambados os obxectivos foron un salón de peiteado, unha carnicería e varios bares.

    Durante a madrugada de reis algúns establecementos de cambados non recibiron os populares Reis Magos senón unha banda de atracadores que tiñan este obxectivo. No café bar a Cultural situado na avenida de Galicia recibiron a visita duns descoñecidos que romperon o cristal , introducíronse no local e levaron arredor de 900 euros da máquina comecartos.

    Este incidente non  foi local, no salón de peiteado masculino Vieites da avenida de Vilariño romperon un cristal para introducirse no seu interior. Os atracadores non levaron de aquí diñeiro algún senón que roubaron varios obxectos do material usado no establecemento como secadores e dúas máquinas de cortar o pelo. Os comerciantes sospeitan dunha banda establecida na parroquia de Corvillón e séntense  inseguros.

    En Vilanova os obxectivos foron unha florería na que levaron unha pequena cadena musical. Para elo, forzaron a pechadura e romperon un cristal.  O quiosco situado preto do colexio e do concello tamén recibiu esta visita. Nesta ocasión o roubo foi dun paquete de revistas, chicles e fundas para o móbilNo bar Santos está xa é a segunda vez en dous meses que reciben a presencia de atracadores, nesta ocasión non puideron entrar no establecemento ó decatarse da súa presencia os donos aínda que tiveron tempo de romper o cristal. Ademais as entradas ós garaxes e os asaltos as máquinas de glosinas comezan a ser frecuentes neste concello.

    Os comerciantes demandan máis presenza policial e a construcción dun cuartel da garda civil.

    Redacción Salnés