Oposición en Cabo de Cruz ás modificacións no porto

    modificacionportocabodecruz_100_260809.jpgBOIRO> Técnicos de Portos de Galicia reuníronse con membros do goberno local e distintos colectivos para informar sobre as reformas no proxecto portuario.

    {flowplayer}barbanza/modificacionportocabodecruz.flv{/flowplayer}

    A comisión de seguemento das obras do porto de Cabo de Cruz amosou a súa total oposición á reducción da lámina de auga da dársena. Así se desprende da xuntanza mantida na tarde de onte no concello, despois de que técnicos de Portos de Galicia se desprazaran a Boiro para explica-las razóns das modificacións no proxecto inicial. Segundo os membros desta comisión a reducción da lámina de auga no peirao suporía perder uns vinte mil metros cadrados de dársena. Un feito que consideran inasumible dado a necesidade de que este porto cubra as necesidades presentes, senón tamén as expectativas de futuro. Outra das súas negativas fai alusión ó recorte do dique sur, tal e como implica esta modificación do contradique norte.

    Para os distintos representantes dos colectivos que integran a comisión de seguemento das obras do porto de Cabo de Cruz esta modificación do proxecto ten que vir acompañada do proxecto de todolos servizos portuarios, tanto para embarcacións dedicadas a explotacións de recursos mariños como de lecer, así como o seu orzamento correspondente e o prazo de execución.

    Reunións informativas

    Ademais consideran necesario tamén que as reunións informativas de seguimento das obras deben realizarse alomenos unha vez cada mes, ou cando as circunstancias o esixan, como que acontece neste caso, ó seren informados das modificacións previstas a destempo e por cauces non axeitados. Os membros da comisión solicitan tamén unha reunión urxente coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, para trasladarlle, en primeiro lugar, o malestar das xentes do mar por este recorte na actuación e en segundo, para esixirlle que se poñan os medios necesarios co obxectivo de que o porto de Cabo de Cruz non perda a capacidade de cubrir tódalas necesidades existentes neste momento.

    Redacción Barbanza