Cabo de Cruz incorpora un novo foxo para optimizar o rendemento dos remeiros

BOIRO> A futura sede do Club de Remo de Cabo de Cruz contará cun foxo de adestramento que permitirá optimizar o rendemento dos deportistas. O executivo aprobou a modificación do proxecto para incluír este novo deseño, seguindo as recomendacións do centro de tecnificación de Zaragoza.

As obras do Club de remo avanzan a bo ritmo superados xa os atrancos cos que se atopou o goberno boirense á hora de executar este proxecto herdado do anterior executivo.

No transcurso das obras, o executivo mantén un diálogo constante tanto coa empresa construtora como co club de remo para que o resultado final sexa o máis vantaxoso para  a práctica deportiva. Nunha recente reunión coas dúas partes implicadas acordouse a modificación do foxo de remo, tomando como exemplo as instalacións dos clubs de traíñas vascos e mesmo outros da comarca que presentan un deseño máis ergonómico.

Nesa mesma liña seguirán a traballar ata a execución definitiva deste gran proxecto que suporá un investimento de máis dun millón de euros.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí