O Centro de Negocios asina un convenio de colaboración cos arquitectos pontevedreses

    convenioarquitectos_100_001.jpgPONTEVEDRA > Os responsables do Centro de Negocios de Pontevedra e da delegación pontevedresa do Colexio de Arquitectos de Galicia, asinaron ….

    … esta mañá un convenio co que normalizan as súas relacións profesionais.

    E é que con este acordo o Centro de Negocios se converte nunha entidade colaboradora dos arquitectos en tódalas actividades institucionais nas que poidan necesitar das instalacións do centro. Entre estas instalacións, están a sala de xuntas, a de prensa ou a de reunións. Ademais os arquitectos colexiados gozarán de tarifas preferenciais en tódolos servizos ofertados polo Centro de Negocios, coma o servizo de domiciliación, ou o de formación.

    Dende o Colexio de Arquitectos sinalaron que intentarán sacarlle ó máximo rendemento posible ás instalacións do centro. A vixencia inicial do convenio de colaboración asinado hoxe é dun ano, pero tanto o Centro de Negocios coma os arquitectos mostraron o seu interese en prolongalo na medida do posible.

    Redacción Salnés