Veciños e turistas pasean entre restos do botellón no parque Miguel Hernández

    lixobotellonvilagarcia100_160707.jpgVILAGARCÍA > Penosa imaxe a que queda nalgúns parques e áreas de lecer trala movida da fin de semana. Os restos dos botellóns celebrados na madrugada do sábado …

    … para o domingo permanecen aínda visibles e ó alcance de calquera durante o día seguinte. Vémolo nestas imaxes que nos fixo chegar un visitante indignado.

    lixobotellonvilagarcia300_160707.jpgIsto é o Parque Miguel Hernández de Vilagarcía. As imaxes foron tomadas por un visitante que se atopaba no lugar sobre as oito da tarde de onte. ‘Desde logo as vistas non son as mellores para promocionar a cidade’, este é o comentario que nos fai este visitante tras observar os restos do botellón celebrado durante a madrugada anterior.

    Botellas de alcol, vasos de plástico cheos aínda de calimocho e outros contidos poboan esta fonte situada en pleno parque e xusto ó lado dunha área de xogo infantil e da terraza dun establecemento hostaleiro. Restos de lixo, que ás oito da tarde aínda non foron recollidos e que quedan ó alcance de calquera, sobre todo dos nenos.

    Ó parecer non é a primeira vez que sucede e veciños e visitantes que adoitan pasear por esta zona afirman que non se pode permitir en pleno mes de xullo que Vilagarcía ofreza esta penosa imaxe. A nova alcaldesa debería tomar nota e darlle unha solución a este problema.

    Redacción Salnés