O pequeno comercio rexurde en Vilagarcía coa fin dos peches perimetrais

VILAGARCÍA> O pequeno comercio rexurde coa fin dos peches perimetrais dos concellos. En Vilagarcía, por exemplo, os establecementos están a rexistrar un repunte das vendas, grazas ós clientes chegados doutros puntos da comarca. En Zona Aberta confían en que a situación sanitaria se manteña estable para non ter que dar pasos cara atrás nas restricións.

Despois de moitas semanas coa auga ao pescozo, o pequeno comercio comeza a ve-la luz ao final do túnel. A fin das restricións máis duras están a anima-las vendas nestes primeiros compases da primavera. En Vilagarcía, por exemplo, a fin dos peches perimetrais tradúdese no desembarco na cidade de moitos clientes procedentes dos concellos próximos.

No colectivo de comerciantes confían en que a situación se manteña estable, para non ter que dar pasos cara atrás. Con todo, Zona Aberta entende que no actual contexto seguen a ser moi precisos estímulos por parte das administracións para salvar moitos negocios. Ben con bos ollos os 330.000 bonos cun saldo de 30 euros cada un anunciados pola Xunta.

Pero, ademais, o colectivo continúa desenvolvendo iniciativas para o fomento das vendas en Vilagarcía. A última, unha feira de stock este pasado sábado. Ademais, están a traballar xa na campaña do día da nai, trala boa acollida da do pai.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí