Areva advirte do aumento de casos de alcoholismo en Arousa

    VILAGARCÍA> O alcoholismo é unha enfermidade silenciosa, que pasa desapercibida na sociedade, pero que cada vez ten maior incidencia. Para alertar sobre esta patoloxía e dar pistas sobre como detectala, a asociación Areva de Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía estará mañá na praza de Galicia durante todo o día atendendo a todo aquel que se achegue á súa carpa. Avanza silenciosamente. Resulta difícil aceptala, e sobre todo asumila. Desde a Asociación Areva alertan de que o alcoholismo é unha enfermidade en auxe entre a sociedade actual, con incidencia cada vez máis elevada na comarca de Arousa e de consecuencias moi graves para a saúde. Ensinar a detectar posibles casos ou para apoiar ós familiares dun afectado e amosarlles como enfrontar un caso de alcoholismo, mañá estarán na Praza de Galicia de Vilagarcía cunha carpa informativa con motivo do Día Internacional sen Alcohol. A xornada contará cunha exhibición de cócteles e combinados sen alcohol a cargo de Glam’s Night Eventos. Porque existen múltiples posibilidades de desfrutar dun coctel saboroso sen ter que botar man do alcohol. Combinados sen alcohol que cada vez van tendo máis seguidores, e que ademais son moito máis sinxelos de elaborar que os que conteñen bebidas graduadas. A xornada informativa de Areva contará con Ángel Bouzas, un ex alcohólico que leva once anos rehabilitado e que publicou un libro no que conta a súa experiencia. Caeu no alcoholismo a raíz dun divorcio. O exemplo dos integrantes de Areva demostra que saír é posible, pero sempre con axuda como a que prestan os psicólogos e integrantes da Asociación, seguindo as prescricións médicas e con moita forza de vontade. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/14/AREVA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/14/PREVIA_COCTALARIA_AREVA.mp4{/flowplayer}