Vilanova, a Illa e Meaño premian as compras locais da volta ó cole

    cole_100.jpgVILANOVA> As asociacións comerciais Vilanova Centro, o Corazón de Meaño e a Asociación de Empresarios da Illa de Arousa fan esta tempada unha…

    {flowplayer}images/salnes/310809_ptac_volta_cole.flv{/flowplayer}

    … fronte común para defender que os veciños desta comarca realicen as súas compras para a volta ó cole no pequeno comercio. Así, esta tarde presentaron unha campaña promocional, que desenvolven de xeito conxunto, e na que contan ca colaboración da Federación Provincial de Comercio e do Concello de Vilanova. O seu obxectivo é conseguir que as compras de material escolar, téxtil e calzado non saían destes concellos. Para facer aínda máis atractiva esta proposta, os vendedores locais realizarán entre os seus clientes un sorteo, o vindeiro mes de outubro, no que se repartirán ducias de regalos, como son bicicletas, mp3´s, reloxos e balóns, entre outros. Para participar no mesmo, só hai que cubrir unha das 30.000 rifas que se van a repartir con cada compra nos establecementos adheridos das anteditas asociacións.

    Así, ó tempo que se equipan os nenos e nenas para a nova volta escolar conséguese axudar a paliar a crise nestes establecementos, que a súa vez, reinvisten na economía local. Aínda máis, estes comerciantes apuntan unha novidosa razón para mercar nos pequenos comercios como pode ser reducir as posibilidades de contaxio da tan temida gripe A.

    Esta campaña prodúcese logo da tempada de rebaixas, na que, segundo o presidente da Federación Provincial do Comercio, Antonio Reguera, se produciron numerosas irregularidades, como a malvenda de mercancía a prezos irrisorios. Así é todo, esta campaña foi na Arousa mellor do que se esperaba dando como resultado un descenso das vendas do 8 por cento, fronte o 20 inicial previsto. Ás causas da boa marcha destas rebaixas hai que engadir que nestes meses de estío foron frecuentes as celebracións relixiosas e as festas patronais, o que animou a veciños e visitantes a gastar un pouco máis.

    De agora en diante, resta o cuarto trimestre deste ano para o que as previsións non son demasiado optimistas. Para mellorar a situación presente e futura do sector do comercio, Reguera prevé a adopción de medidas concretas urxentes, que precisarían da creación dunha nova lei do comercio por parte do goberno galego para loitar contra os tramposos que fan rebaixas encubertas en épocas que non son legais. O que prexudica de certo ó pequeno comercio.

    Redacción Salnés