O coworking de Vilanova a punto para arrancar

    VILANOVA> Aqueles emprendedores interesados en impulsar o seu proxecto no Coworking que se vén de crear en Vilanova, aínda están a tempo. Das 22 ideas que recibirán asesoramento e apoio económico, xa están asignadas 10. Esta mañá representantes do Igape explicaron os detalles no Pazo de Vista real. Hai dúas semanas o conselleiro de Economía, Francisco Conde, anunciaba o primeiro Coworking que a Xunta organizaba na provincia de Pontevedra, e que tería como centro neurálxico o Pazo de vista Real de Vilanova. Hoxe, xa é unha realidade. E dos 22 proxectos que conformarán esta aceleradora empresarial, xa hai 10 solicitudes de diversos emprendedores. Aínda quedan prazas vacantes, polo que esta mañá, acompañados por representantes do Igape, desde o concello quixeron animar a todos aqueles que teñan unha idea a sumarse a este iniciativa, que ademais é gratuita . O concelleiro de Promoción Económica destacou a importante axuda que supón para os proxectos formar parte dunha aceleradores deste tipo. Os representantes do Igape, explicou os requisitos que se precisan para formar parte deste coworking, centrado fundamentalmente nos sectores dos turismo e da alimentación, pero tamém, nas tecnoloxías da información e a comunicación. Está previsto que antes de que comece setembro estén asignadas as 22 prazas deste coworking, que terá unha duración de 5 meses.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí