Mecos podería tamén renunciar ó playoff de ascenso

traias250_010909.jpgGROVE> Cabo de Cruz e Náutico de Vigo, primeira e segunda na LGT ’09, renuciarán a disputar o playoff de ascenso á Liga ACT algo que lle abre as portas a Mecos. Os grovenses, que hai uns días semellaban telo claro, están agora máis preto de rexeitar tal opción.

{flowplayer}images/salnes/trainas_010909.flv{/flowplayer} 

Rematou a liga e mentres uns xa fan balance e miran cara a temporada que ven, outros aínda non teñen nada claro onde vai a estar o seu futuro. É o caso de Mecos, que este ano mellorou os resultados do anterior, finalizando terceira e acadando catro bandeiras.

O equipo estivo por enriba do agardado tendo en conta que moitos dos remeiros aínda estaban en idade xuvenil. A súa rápida adaptación foi a mellor nova para o club. Con todo, agora se presenta o problema do playoff de ascenso ó que renuncian Cabo e Náutico. O día 4 termina o prazo de inscripción e a estas alturas en Mecos non poden asegurar a súa presencia na fase que se disputa os días 19 e 20, porque teñen un platel de 22 remeiros, que non poden ampliar. Non poderían fichar e os xuvenís non poderían remar nas dúas regatas programadas segundo o reglamento ACT, tan só nunha delas, polo que no caso de que o fixeran o sábado en Bermeo, o domingo en Portugalete non terían xente para completar a traiña.

En calquera caso, o playoff sería un dos máis fortes e complicados de sempre, onde competirían ante Costape, Meira ou a propia Astillero.

Noutro orde de cousas, Juan Ramón Outeda, como presidente da Liga Galega tamén se quixo referir ó caso Amegrove, gran polémica deste ano. A actuación arbitral foi segundo el desastrosa.

Por unhas cousas ou por outras o remo seguirá dando que falar nos vindeiros días. Mecos, por exemplo, participará no Principe de Asturias, a celebrarse en Castropol. Esta semana tamén se disputan as clasificatorias da Cocha.

Redacción Salnés