SEA ve factible as obras que o concello pretende facer en Baión

    poligono_baioncopy.jpgVILANOVA> Esta mañá o xerente en funcións de SEA e Gonzalo Durán resaltaron sobre o terreo a viabilidade dos traballos de mellora no Polígono.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_POLIGONO_BAION.flv{/flowplayer}

    Trala xuntanza mantida coa Ministra de Fomento, Ana Pastor, e coa directora xeral de Sepes, Entidade Estatal de Solo, esta mesma semana, hoxe o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, reuniuse co xerente en funcións de SEA, Solo Empresarial do Atlántico, para estudar sobre o terreo as melloras que desde o concello pretenden facer no polígono de Baión.

    Ditas melloras consisten na construción dun novo acceso á zona comercial desde a rotonda de Godos e no desmonte dunha parte do Polígono que, nestes momentos, dificulta a visibilidade do mesmo desde a estrada.

    Pola súa banda, o xerente en funcións de SEA, Solo Empresarial do Atlántico, promotora do polígono, ve con vos ollos ditas actuacións, á espera de coñecelos condicionantes económicos. Isto daríalle a esta zona comercial, recoñeceu Vicente Caamaño, o impulso necesario para que máis empresas opten por instalarse nela.

    Dado que todos coinciden en que a situación do Polígono non pode ser mellor, ante a súa proximidade á autopista e ó Porto de Vilagarcía, o alcalde de Vilanova amosouse optimista ante o futuro do mesmo.

    Redacción Salnés