![]()
PONTEVEDRA> O Presidente da Deputación reuniuse coas empregadas para tratar de atopar unha saída ó conflito.
{flowplayer}images/salnes/ReunionCucaLouzan.flv{/flowplayer}
Cuca naceu en Vilaxoán e alí debería seguir. Así llo dixo esta mañá o Presidente da Deputación de Pontevedra ás traballadoras da factoría que acudiron en representación á reuniron desta mañá. Nesta xuntanza con Rafael Louzán queimaba esta plantilla o seu último cartucho político para tratar de facer forza e lograr que se paralice o traslado ó Grove.
Con estas palabras amosaba Louzán o seu apoio a estas traballadoras, asegurando que presionarían todo o que fose preciso para tratar de convencer a Garavilla de que desista da súa intención, aínda que o obxectivo non parece sinxelo. Tamén estivo presente nesta reunión o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole.
Pola súa banda, dende Comisións Obreiras amosáronse satisfeitos co resultado da reunión, e agardan que as xestións políticas poidan dar algún froito de cara á Xunta de Galicia. De feito xa lle solicitaron a Rafael Louzán que lle fixese chegar o caso ó Presidente da Xunta de Galicia.
E é que a forza conxunta é a única maneira, se é que queda algunha, que ten esta plantilla de conseguir frear ese traslado dende a fábrica de Vilaxoán, a que consideran a súa casa, ata á do Grove. O presidente da Deputación non esquece tampouco que a comarca do Salnés está a ser unha das máis afectadas pola destrución de emprego sobre todo no sector da conserva.
No caso de continuar adiante coa súa intención de trasladarse ó Grove, o alcalde de Vilagarcía xa anunciou que os terreo non serán recalificados, e continuarán como solo industrial como medida para evitar a especulación.
Redacción Salnés









