Céltiga e Vilalonga preparados para un derbi que chega cedo

futbol250_040909.jpgSALNÉS> Achégase a fin de semana, coa segunda xornada de liga na Terceira e na Preferente. Deixaranos o primeiro gran derbi do ano: Céltiga-Vilalonga, no Salvador Otero. Para falar do partido estivemos cos dous adestradores, Pablo Vázquez e Gabi Leis.

{flowplayer}images/salnes/futbol_040909.flv{/flowplayer} 

Moi cedo chega o primeiro dos únicos dous derbis do Salnés que nos deixará a Terceira este ano, un número escaso para un público acostumado a vivir partidos de gran rivalidade cada dous por tres. E chega moi pronto tamén para ambos equipos, aínda faltos de rodaxe e acoplamento despois de sufrir moitos cambios entre fichaxes e saídas. 

Ó Vilalonga fáltalle coller confianza por iso dan como favorito ó Céltiga, pese a que non descartan dar a sorpresa.

Con todo, non sería tanta sorpresa que o Vilalonga gañara no Salvador Otero. De feito, as cinco veces que se enfrontaron na Terceira, na Illa, as cinco gañou o cadro celeste. Aínda que xa se sabe que as estatísdistas están para rompelas.

Pablo Vázquez pola súa parte agarda que o ataque esté máis fino que a semana pasada na Fontenla, onde dispuxeron de moitas ocasións de gol que non souberon materializar.

A victoria duns ou doutros pasará por tanto polo acerto dos atacantes na portería rival e por non cometer erros na defensa.

No capítulo de baixas, o Céltiga contará con todos os seus efectivos agás con Beni, aínda lesionado. Recuperan pola contra a Victor e Adrián Santos que cumpriron sanción.

Costas e Suso non estarán seguro na convocatoria de Leis, mentres que Sarró xa está recuperado e Saúl, que a día de hoxe aínda non adestrou co equipo, sí que podería entrar na lista.

Redacción Salnés