RIBEIRA> Organizada polo Club Natación Ribeira, en colaboración co Federación Galega de Natación, e o Concello, este vindeiro xoves, 15 de agosto, terá lugar a 29 edición da Travesía a Nado Praia de Coroso. Unha proba veterana e xa consolidada dentro do calendario de augas abertas.
A proba, na que se agarda unha participación próxima ós 200 nadadores, incluirá distintas categorías e distancias en función das idades.
Dende a organización quixeron tamén agradecer o apoio do Concello e tamén ás distintas empresas e casas comerciais que colaboran coa proba, xa que sen o seu apoio non poderían levala a cabo.