O Clube de Piragüismo As Torres de Catoira, mellor equipo do ano

astorres100_211107.jpgCATOIRA > O Clube As Torres de Catoira coñeceu hoxe que será nomeado coma mellor equipo do ano nos Premios Nacionais do Deporte Galego. A Consellería de Cultura e Deporte…

…fará entrega dos galardóns o vindeiro día 30, nunha cerimonia que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

O 2007 será difícil de esquecer para todos aqueles que forman parte da familia do piragüismo en Catoira. O Clube As Torres Romaría Vikinga celebra este ano o seu 30º aniversario; ademais a temporada non puido ir mellor: leváronse o triunfo na maioría das competicións nas que participaron, e agora tamén, serán recoñecidos coma o Mellor Clube Galego do ano nos Premios Nacionais do Deporte Galego.

Andres Castaño, presidente do clube, asegurou que este galardón "é un recoñecemento ó esforzo e traballo diario de rapaces, pais, adestradores e directiva”.

Este ano os catoirenses leváronse por quinta vez consecutiva a Liga Nacional de Piragüismo, ademais de acadar cantas competicións oficiais se desputaron en Galicia, entre eles a Copa Xunta.

Máis aló dos excelentes resultados deportivos, Castaño sinalou a importancia do traballo educacional que se fai cos rapaces da canteira.

Agora dende os máis novos, os alevíns, ata os senior, preparan xa a temporada do ano que ven. A seguinte proba terana en Francia, nunha competición internacional que se desputará en Pas de Calais e a onde se desplazarán 25 palistas. Será dos días 25 ó 28 de xaneiro.

Redacción Salnés