![]()
BOIRO> A mobiguía, na que o concello boirés é pioneiro na zona, foi desenvolvida pola empresa Loroestudio e financiada pola Deputación da Coruña cunha achega de 12 mil euros.
{flowplayer}barbanza/moviguiasboiro.flv{/flowplayer}
Esta mañá foi presentada no concello boirés a mobiguía, unha nova ferramenta de promoción turística coa que conta este municipio. Con ela preténdese capta-la atención do turista, que a través do seu teléfono móbil disporá de toda a información que precise sobre a localidade, que lugares visitar, restaurantes, aloxamentos ou comercios.
Como descargalo
Existen tres procedementos diferentes a seguir para descargarse a mobiguía no teléfono móbil: a través da páxina web www.boiro.org, enviando un SMS coa palabra Boiro ó 981090780 ou en exclusiva para os clientes de movistar e vodafone, a través dos códigos Bidi.
Xestión de visitas
O executivo boirés aproveitou tamén a ocasión para dar a coñecer un novidoso programa para a xestión de visitas da oficina de turismo. Os dous proxectos foron posibles grazas a unha subvención da Deputación da Coruña por valor duns 12 mil euros.
Redacción Barbanza









