Diego Calvo ‘aplaude’ a reforma levada a cabo no pavillón municipal Agustin Mourís

NOIA> As obras de rehabilitación levadas a cabo no pavillón municipal Agustín Mourís consistiron na mellora da accesibilidade ás instalacións, coa ampliación do recibidor principal, a reordenación de espazos enriba dos vestiarios, que permitiu a creación dunha zona de ximnasio e unha sala de prensa, así como tamén a compra dun novo vídeomarcador.

As actuacións realizadas supuxeron un investimento de máis de 63 mil euros, dos cales máis do 80% foron financiados a través da Secretaría Xeral para o Deporte, dependente da consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e a cantidade restante con cargo ás propias arcas municipais.

A finalidade das obras non era outra que mellorar as prestacións do polideportivo municipal, para adecualas, principalmente, ás necesidades do Noia Portus Apostoli, club que milita na máxima categoría do fútbol sala a nivel nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí