![]()
RIBEIRA> Medio ano despois do inicio da reforma da praza dos Muíños, este entorno loce un aspecto totalmente novo.
{flowplayer}barbanza/obrasprazamuinos.flv{/flowplayer}
As numerosas protestas formuladas polos veciños desta céntrica praza de Ribeira que, mesmo, chegaron a organizar unha campaña de recollida de sinaturas a finais do pasado, comezan por fin a ver os seus froitos.
A piques de rematar a remodelación integral da praza dos Muíños, os residentes están bastante satisfeitos co resultado da actuación. O contorno semella practicamente novo trala renovación do firme e a instalación de diversos elementos de mobiliario urbano como a estrutura metálica que adorna a praza, ou as farolas.
Actuacións pendentes
Polo momento, os traballos aínda non finalizaron polo que quedan moitos retoques que acometer antes de inaugurar a reformada praza. Haberá que agardar á conclusión das obras para valorar o resultado o final.
Polo momento, os residentes non poden estar máis contentos xa que, aínda que botan de menos algúns elementos como a instalación dun parque infantil, apenas poden crer a mellora experimentada polo seu barrio, que levaba anos abandonado.
Redacción Barbanza









