De desaparecidos a presuntos autores dun roubo

    roubopiraguas_100_07092009.jpgPOBRA> Unha falsa alarma provoca o despregue dun operativo de Salvamento Marítimo na procura de catro náufragos que presuntamente fuxiron con dúas canoas.

    A desaparición de catro persoas que practicaban piraguismo en augas da ría de Arousa fixo saltar as alarmas na Barbanza, activándose un dispositivo de busca para tratar de localizar aos náufragos. Ao día seguinte os servizos de emerxencias suspenderon definitivamente o operativo ao sospeitar que o que aconteceu en realidade foi o roubo das embarcacións que alugaran nunha empresa de A Pobra. 

    {flowplayer}barbanza/roubopiraguas.flv{/flowplayer}

    A José Manuel Fernández ainda lle costa traballo crer que as catro persoas que se presentaron no seu negocio, situado na praia de Cabio, co obxectivo de alugar dúas piragüas para navegar pola ría, en realidade tiñan outras intencións ven distintas. Ao comprobar que non regresaban a hora pactada, o propietario das canoas temeu que se tiveron producido un accidente, polo que non dubidou en dar aviso ao 112.

    Amplo dispositivo

    Na busca participaron embarcacións de Salvamento Marítimo e Protección Civil da Barbanza e o Salnés, que a última hora da tarde do sábado iniciaron os labores na procura dos presuntos naúfragos. Minutos máis tarde uniuse o helicóptero Pesca Un e un equipo de voluntarios que realizou o rastrexo por terra. Malia os medios movilizados, o operativo, que se mantivo aberto preto de doce horas, non acadou os resultados esperados. Deste xeito, a hipótese dun accidente marítimo perdía intensidade fronte a sospeita dun roubo das embarcacións. Esta suposición cobrou forza co paso das horas, cando se comprobou que ninguén denunciara a desaparición dos piragüistas. Na seguinte xornada únicamente a embarcación Salvamar Regulus saiu ao mar para rastrear a zona. A busca quedou suspendida definitivamente ao mediodía.

    DNI falso

    A pesar de que deron un DNI falso no momento de facer a reserva das embarcacións, José Manuel espera que as investigacións policiais den axiña resultados e en breve se poida dar estas persoas. Asemade, pide a colaboración cidadá para poder dar cos autores do roubo xa que, dixo, esta clase de piraguas, que están identificadas cun número de serie, son dificiles de agochar.

    Redacción Barbanza