O Bus Real xa circula polas rúas de Ribeira

RIBEIRA> O Bus Real xa percorre as principais rúas de Ribeira e as súas parroquias. O concello volve poñer en marcha esta iniciativa coa colaboración da empresa de transporte Ferrín co obxectivo de espallar as actividades de Nadal por tódolos recunchos do municipio.

Aínda que o Bus Real xa circula dende esta mañá por Ribeira en transporte regular, o vindeiro día 5 ofrecerá un servizo especial. Transportará ós Magos de Oriente por tódalas parroquias repartindo agasallos entre os máis pequenos.

A primeira parada será ás dez da mañá na capela da Guía en Carreira. O itinerario seguirá pola aula de música de Aguiño, os portos de Castiñeiras e Palmeira, o centro social de Oleiros, o centro recreativo de Artes a Casas da cultura de Olveira e a rúa das Delicias en Corrubedo. Este percorrido servirá como antesala á cabalgata que  sairá posteriormente do porto de Ribeira.