RIBEIRA> O concurso de poesía Albariza acada este ano a súa undécima edición. A cita literaria está promovida polo Centro Recreativo de Artes e o concello de Ribeira. O obxectivo é fomentar a creatividade da veciñanza afeccionada á creación poética.
O concello de Ribeira e o centro recreativa de Artes convocan unha nova edición do concurso de poesía Albariza. O certame que cumpre xa 11 anos vai dirixido a nenos a partir de nove anos e tamén adulto posto que consta de 5 categorías.
Os traballos poderán presentarse ata o 21 de outubro e os galardóns entregaranse nun acto que se celebrará o 10 de novembro no Centro Recreativo de Artes. Haberá premios en metálico e a publicación das obras na categoría adulta mentres que os gañadores das modalidades infantís recibirán un trofeo conmemorativo e vales de compra e material escolar.
Os interesados en participar poden consultar as bases na web do concello de Ribeira.











