Sae á luz un novo libro sobre a poeta noiesa María Mariño

NOIA> A casa da cultura de Noia acollía esta pasada fin de semana o acto de presentación do libro Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou. Trátase dun ensaio sobre a figura da poetisa noiesa escrito polo profesor Xosé Luís Sánchez Ferraces. Na presentación o autor estivo arroupado polo alcalde, Santiago Freire; Xerardo Agrafoxo, en nome da da Asociación Cultural Barbantia; e o exalcalde de Boiro, Xosé Deira.

Un bo número de persoas asistiron ó acto de presentación do libro Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño Carou, na que o profesor Xosé Luís Sánchez Ferraces fai un estudo pormenorizado sobre a figura da escritora noiesa a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas de 2007 . O libro foi froito do traballo de máis de dez anos, nos que chega a conclusión de que é clave para entender a súa poesía atópase no trastorno bipolar que padecía.

Na presentación o autor estivo acompañado tamén polo alcalde de Noia, Santiago Freire, o historiador e membro da Asociación Cultural Barbantia, Xerardo Agrafojo, e o exalcalde de Boiro, Xosé Deira. Todos eles destacaron a importancia deste libro que vén de publicarse que servirá para dar a coñecer a unha autora ata non hai moitos anos descoñecida, cunha gran capacidade creativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí